Ósos de aceitunas?

imagen

Non hai moito tempo folleando unha revista científica descubrín un artigo que por moi científico que sexa ao menos é curioso. Trata sobre a enerxía que proporcionan os ósos das aceitunas.Os ósos das aceitunas poderían deixar de ser un produto que se bote ao lixo grazas ao traballo duns científicos de Xaén e Granada que desenrolaron un método para obter biocombustíbel a partir dos ósos das aceitunas, soa máis ben estraño pero é así. En total estímase que a partir de cada 100 kilogramos de ósos de aceitunas pódense obter 5,7 kilogramos de bioetanol. A cifra é considerable se temos en conta que cada ano se desbotan una cifre inmensa, cerca de tres millóns de toneladas de estes ósos en España.Esta non é a primeira vez que se plantexa usar os restos da aceituna para obter enerxía, nin foi España o único país que levou a cabo este proxecto. Por exemplo, nun hotel en Xaén, fai un ano substituíuse o gasoil e o gas natural de todas as súas caldeiras de calefacción por osos de aceitunas, que teñen un poder calorífico de 4.700 kW/h por kilogramo, o ver o bo resultado outros hoteis se están a unir a esta iniciativa, xa que supón reducir un 80% das emisións de dióxido de carbono. E xa non só a nivel de empresas, a nivel doméstico hai centos de fogar na Península que utilizan esta forma de biomasa para a calefacción e o auga quente, aforrando ata un 70% nas súas facturas.En resumo, non só estamos a falar dunha enerxía respetuosa co medio ambiente, reducindo as emisións de dióxido de carbono, se non que tamén estamos a falar dunha enerxía que provocara un descenso dos gastos nas nosas casas. Agora ben, a  miña pregunta é a seguinte, se podemos aproveitar a enerxía dun material, poderiamos dicir, tan “ridículo” coma este, porque non doutros que para nos serían simplemente lixo?

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Cambio Climático, Residuos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Ósos de aceitunas?

  1. isaac di:

    Noraboa por este post Ramón. Paréceme que introduces un tema moi interesante con un exemplo moi apropiado. Para min é un exemplo de obtención de enerxía a partir da biomasa máis que a obtención dun biocombustible, xa que aproveita un resíduo dun produto, no que non esquezamos que España é o primeiro produtor mundial, sen que iso implique o cultivo dunha planta especificamente pensada para a produción de biocombustibles. Isto último moitas veces supón a substitución de cultivos tradicionais orientados a alimentación humana, uso de transxénicos, deforestación para obter máis superficie cultivable, etc.
    Nun comentario anterior xa dixen que me parecía moi interesante que algún de vos fixera algún post acerca das vantaxes e desvantaxes da produción e uso dos biocombustibles.

  2. lara.aso.1a di:

    Paréceme incríbel esto das aceitunas, na miña vida o oíra. Pois eu penso que é unha moi boa maneira de obter enerxía, sería unha maneira moi efectiva para a reutilización do lixo.Algo tan simple como uns ósos de aceituna,e que pode reducir tanto as emisións de CO2,sen olvidar que supón un aforro económico.

  3. victor di:

    É verdade Lara que utilizar un residuo para producir enerxía significa que este non vai a formar parte do lixo e, simplemente iso, habería que celebralo. Pero non debemos olvidar que os ósos de aceituna son de madeira, polo tanto ricos en carbono (celulosa) e cando se queimen para producir enerxía a súa combustión liberará CO2 como residuo.

  4. isaac di:

    Víctor, tampouco hai que esquecer que a combustión da biomasa non supón un aporte neto de CO2, xa que esta procede da fotosíntese, polo tanto queda compensado co CO2 retirado na súa producción, e o CO2 que sería liberado no caso de que se descompuxera por vía natural.

  5. noeliap.aso.1b di:

    Eso último que dixo Isaac non o entendo moi ben pero polo que parece o aproveitamento dos ósos de aceitunas semella ser bastante bo e unha boa iniciativa a hora de obter enerxía. Pareceme unha idea inovadora e para pór en práctica aproveitando o número de ósos que se tiran o lixo.

  6. victor di:

    Isaac quere dicir que se as aceitunas as deixaramos no olivo ata que caian no chan, serán descompostas por bacterias e o seu carbono irase incorporando a atmosfera conforme as bacterias as descompoñan. Se queimamos as aceitunas, o carbono se incorpora de xeito inmediato pero a cantidade de carbono que chega a atmósfera será o mesmo (veña da descomposición das bacterias ou veña da queima nunha caldeira).

  7. sergioa.aso.1a di:

    Eu teño un recorte de periódico que fala dunha bacteria que se descubriu na Patagonia que fabrica biodiesel a partir da celulosa…Vou facer unha entrada diso cando teña algo máis de tempo

  8. victor di:

    Paréceme moi interesante a túa proposta Sergio, pois permitiranos entrar no tema dos boicombustibles como alternativa aos combustibles fósiles.

  9. melania.aso.1a di:

    Rámon gustoume moito a tuá entrada, hasta agora descoñecía por completo esta información.
    Cada vez son máis os materias que se poden usar para producir enerxía, e que axudan a non contaminar o medio ambiente.
    Ademáis esta fonte de enerxía sería inagotable fronte o carbón e o gasóleo.
    Na miña opinión é un gran avance, tanto para o medio ambiente como pa nós.

  10. victor di:

    Melania, debemos valorar cada cousa na súa xusta medida, pois date de conta que a producción de aceitunas non podería soster a producción enerxética dunha provincia española e moito menos dun estado ou a nivel mundial. En comparación ao petróleo o dos ósos de aceitunas é un caso anecdótico, aínda que interesante para rexións que produzan aceite xa que se eliminaría un residuo utilizándoo como fonte de enerxía.

  11. maria.aso.1b di:

    Ramón, coma ti dis no teu blog, reduciriamos o desprendemento de CO2, isto favoreceria o noso planeta e tamén reduciriamos o coste a pagar na ONU.
    Si concienciaramos a xente de que a utilización das aceitunas reducirian os nosos gastos na factura e ca crisis que hai hoxe en día, favoreceriamos o consumo das aceitunas; pero tamén temos que ter en conta que logo teriamos que facer máis plentacións de aceitunas o que sería un traballo moi costoso xa que non hai terras suficientes que sean fértiles para a súa producción, e si as compramos o extranxeiro saldriannos moi caras.
    Nós deberíamos plantexar outras altenativas o gasoil, gasolina, en xeral os gases contaminantes para protexer o medio ambiente. A proposta de Ramón pareceme adecuada.

  12. ana.aso.1b di:

    Este paréceme un post moi interesante. Eu xa lera algo disto fai tempo (ou iso creo); e paréceme unha forma moi boa de aproveitar o que normalmente tratamos como “lixo”, e aínda que non creo que sexa unha enerxía que serva para abastecer a unha gran cantidade de persoas si me parece que todo axuda, e que se (como pregunta Ramón) se encontrasen máis materiais coma este, xunto coas enerxías renovables xa coñecidas isto podería axudar moito a reducir a contaminación.
    En canto a pregunta de Ramón: paréceme moi interesante, e estiben buscando información pero non encontrei nada máis ca o que el xa puxo, así que tentarei buscar un pouco máis e si encontro algo poreino.

  13. uxia.aso.1b di:

    A min tamén me impresionou moito esto das aceitunas. É moi interesante que se busquen alternativas para producir enerxía a partir de algo que nos considerariamos “lixo” e tiraríamos sen máis, e ademáis polo que se ve ten bastantes vantaxes.

  14. carmen.aso.1b di:

    A min paréceme un tema interesante porque Ramón conseguiu unha noticia na que se xuntan dous temas preocupantes: o da alternativa enerxética e o do reaproveitamento de residuos.

    Sin embargo, cada vez que se plantexa o aproveitamento de residuos para o tema enerxético, a alternativa que se utiliza é sempre de combustión, co que seguramente habería que tentar que os residuos fosen reciclados para volver a ser utilizados (posiblemente con fins diferentes ós iniciais), e non queimados para utilizar como enerxía. Na miña opinión é máis fácil convencer ó mundo de que diferencie as bolsas cando tira o lixo, que poñelos de acordo para encontrar un residuo común para unha explotación comercial. (Con todo o que eso supón, como o incremento dos precios da materia que produza o residuo, da superficie destinada á súa producción etc.).

    No tema da alternativa enerxética, seguramente sería máis intelixente tratar alternativas que non combustionen, tipo enerxía eólica ou solar, que aínda que atentan contra o medio nalgúns aspectos, non son tan perxudiciais como as enerxías convencionais. Tal vez se podería traballar máis no desenvolvemento de alternativas para xerar enerxía eléctrica, (capaz de mover un coche, dar luz, calor, etc.), e aínda sin explorar completamente. Pódense construir muíños para aproveitar a enerxía das mareas e non diques nos ríos, muíños de vento dentro dos océanos, etc., co que se reduce o seu impacto ambiental.

  15. victor di:

    María, como xa comentei esta non é unha solución xeral senón unha solución concreta para un lugar concreto (zonas productoras de aceite de oliva) onde se orixinan ósos, como residuo, en gran cantidade.
    Parece ser que en principio habería que optar por un sistema enerxético que combinase, sobre todo, as enerxías alternativas na procura futura dunha enerxía limpa e abundante (¿nuclear?).

  16. carolina.aso.1b di:

    Pois pareceme un post, a verdade interesante non sabia eu eso de que con osos de aceitunas poidesemos aforrar tanta enerxía.ainda que ter que recoller os òsos de todas as aceitunas e un pouco complicado pero non dificil.

  17. victor di:

    Carolina, os ósos de aceitunas que se utilizan son os que proceden do prensado para producir aceite e, polo tanto, están almacenados nas empresas productoras (non teñen máis que trasportalos ao lugar onde se queimen en lugar de levalos a un vertedoiro). Non se refire este proceso aos ósos das aceitunas que comemos nos bares.

  18. sara.aso.1b di:

    Esta entrada pareceme moi interesante,xa que non tiña coñecemento acerca de que os ósos de aceitunas serviran para obter combustible.
    Eu penso que é unha boa maneira de reutilizar os restos da aceituna.

  19. roi.aso.1b di:

    Claro que é unha boa solución porque de todas maneiras ao descompoñerse soltan a mesma cantidade de CO2 á atmosfera. De todas formas, aínda que está ben buscar este tipo de solucións para o aforro de enerxía o problema segue estando ahí, aforrar enerxía temos que aforrala todos, non con estas solucións se van solucionar todos os problemas penso eu, ou é que cando se esgote o petróleo imos vivir deste tipo de enrxía?

  20. noeliag.aso.1b di:

    A verdade e que é unha opción moi interesante porque ademais de obter combustible útil para uso incluso doméstico reduce as emisions de CO2 e é unha maneira moi útil para as grandes empresas oliveiras de desfacerse destes osos sen contaminar o planeta.

  21. gema.aso.1b di:

    o famoso post de ramón!que de comentarios… de acordo co a maioria que dí que é unha moi boa maneira de obter combustible,de aproveitar os osos que quedarian reducidos de outra maneira pola podredume. Sinceiramente nunca oira falar de que as aceitunas e o que estas conteñen no seu interior sirvesen para algo que se está convertendo nun tema esencial na nosa sociedade.

  22. victor di:

    Noelia, este sistema como xa dixemos, non reduce as emisións de CO2, o que reduce son os residuos das empresas olivareiras (le o comentario de Roi).
    Roi, este sistema só o debemos ver como un complemento ás posibles fontes enerxéticas, pero con pouca importancia a nivel global (interesante para os lugares de cultivo de aceitunas e producción de aceite de oliva).
    Gema, os ósos de aceitunas son madeira e por fora teñen os restos prensados que conteñen aceites, por iso queiman ben.

  23. vanesa.aso.1a di:

    Eu penso que é un sistema de enerxia bastante bo pero o que non é suficiente é a enerxía que se conseguiria a partir das ósos das aceitunas porque comparado coa enerxía que consumimos esa proporción que nos dan os ósos non cubriria o cupo da que consumimos.

    Na miña opinión costaria mais transformar esa enerxía que o beneficio que obteriamos.
    Para o tema dos residuos é bastante beneficioso xa que non se tirarian en calquera lado.

  24. victor di:

    Vanesa, os ósos de aceitunas non van a resolver o problema enerxético mundial (témolo claro), pero é un combustible que en cantidade axeitada pode surtir unha caldeira dun hotel (en lugar de botalos ao lixo).