Oportunidade única (e non son as rebaixas)

logo_rc_madrid_1.JPGO próximo luns 24 de novembro 16 alumnos de 1º BAC A e 8 de 2º BAC A, acompañado de dous sufridos e voluntariosos profesores, iniciarán unha viaxe a Madrid, onde permanecerán ata o domingo 30. Durante a súa estancia, compartida con alumnos do IES El Chapatal de Santa Cruz de Tenerife, visitarán diferentes centros de investigación e produción de alto nivel científico e tecnolóxico. Por mencionar algúns, o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB), Instituto de Catálese e Petroleoquímica (ICP)  e o Real Xardín Botánico, os tres dependentes do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto de Enerxía Solar (IES), o Canal de Experiencias Hidrodinámicas de El Pardo (CEHIPAR). Outra visita moi interesante será a fábrica de EADS-CASA de Getafe, implicada con outros centros de produción en outros países de Europa na construción dos distintos modelos de proxecto AIRBUS, e que normalmente non reciben visitas de escolares. Como complemento tamén visitaremos  museos científicos, como o Museo Xeomineiro  e Cosmocaixa, e remataremos con unha visita de ámbito máis cultural, pero non exenta de contido científico, ao mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

En todos eles realizaranse distintas experiencias e obradoiros que axudaran a coñecer con máis profundidade as labores científicas, tanto no campo da investigación como na produción de alto nivel tecnolóxico.

Esta actividade conseguíuse grazas a un proxecto elaborado polos profesores do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, que foi valorado positivamente e seleccionado, xunto con outros tres centros de Galicia, polos coordinadores do programa de Rutas Cientificas na nosa comunidade, dándose a circunstancia de que o noso centro é o único da provincia de Pontevedra. Importante ter en conta que este é un programa organizado e dirixido polo Ministerio de Educación y Ciencia coa colaboración das autoridades educativas das comunidades autónomas participantes no mesmo, e que Galicia participa por primeira vez no mesmo neste curso.

Do resultado destas visitas os profesores esperamos velo reflectido neste mesmo blog a través dos participantes, de forma que os que non puideron asistir teñan información de primeira man e do xeito máis completo posible.

Para que vos fagades unha idea podedes utilizar os enlaces dos centros nos que temos programada a visita e déixovos en PDF a Guía da Ruta Científica de Madrid, elaborada polos coordinadores da mesma en Madrid (AVISO: son case 9 megas, polo que pode tardar bastante en descargalo).

Esta entrada foi publicada en Saídas didácticas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Oportunidade única (e non son as rebaixas)

  1. roi.aso.1b di:

    Xa que ninguén comentou aquí aínda… A verdade é que a excursión xa tiña boa pinta cando o ano pasado Isaac dixo que ía solicitar, a verdade é que me houbese gustado ir, segundo me contaron estivo moi ben, tal e como semellaba, en cambio os de 1º B quedamos en Cambados. Debe ser que os de 1ºB nom temos asignatura de Ciencias nom si?

  2. gema.aso.1b di:

    Sacordo co que dixo victor hoxe na clase de 1bachB,vaia sorte!estou segura de que moitos dos alumnos que quedaron en terra(incluome)lles gustaria a idea de ir(envexa sá :p),teño a certeza de que os ssortudos que foron aprenderon moito e pasarono ben á vez que é o importante.Noraboa pola iniciativa dos profesores de ir a nada mais e nada menos que a madrid para visitar unha exposicion a simple vista interesante.

  3. isaac di:

    Roi, se querías participar nesta actividade ti sabías perfeitamente cales eran os requisitos que xa expusen o ano pasado. Pero se queres profundar neste tema recordote que a actividade chámase RUTAS CIENTÍFICAS, e de acordo coas normas da convocatoria están dirixidas a alumnos de bacharelatos científicos, a non ser que eu estea errado o 1ºB corresponde a modalidade de bacharelato de Ciencias Sociais e de Humanidades, que por certo tamén contan con actividades deste tipo dirixidas en concreto a esta modalidade. Redundando neste tema recordarche que houbo 12 alumnos de 1ºA que quedaron fora da actividade, a pesar de estar nunha modalidade de bacharelato científico, pero dado que esta actividade foi froito dun proxecto elaborado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e iso tamén é traballo, démoslle prioridade aos alumnos que optaran por materias do noso departamento.
    Remato decindo que optar por unha ou outra modalidade ou por unha ou outra materia sempre supón renuncias a algo, pero esa xa é unha decisión que vos corresponde fundamentalmente a vos, e iso exercédelo libremente.

  4. victor di:

    Roi, xa te contestou Issac, pero eu quero deixar claro que desde o noso Departamento traballamos para que os alumnos que se decantan pola ciencia como opción de estudio teñan as maiores posibilidades de ampliar os seus coñecementos e gozar dela. A nosa finalidade non é fastidiar aos que elixides outras opcións tan válidas como a que nos representamos.
    Ánimo e desexo contar coas túas aportacións ao noso blog.

  5. roi.aso.1b di:

    En ningún caso me refería que nos deixarades por fastidiar, teño claro que non. Aínda así houbese estado ben que fosemos tamén 1ªB xa que tamén temos asignatura de Ciencias aínda que a opción sexa a de Humanidades e Ciencias Sociais, e tendo en conta que algúns tivemos Bioloxía o ano pasado.

  6. victor di:

    Roi, só podían asistir alumnos de Bacharelato Científico (era un requisito da convocatoria).
    Era unha saída formativa exclusivamente, cun enfoque especialmente científico e coa intención de crear vocacións entre o alumnado desta modalidade de bacharelato.

  7. karina.aso.1a di:

    Isaac eso de sufridos non creo que fose certo xa que na miña opinión iades tan felices coma nos…Referido o texto ou mais ben a explicación engadir que nos quedaron claras bastantes cousas e igual parte da xente que foi se decide por algunha desas carreiras.. Estivo todo máis que claro e a xente supose explicar moi ben tanto como para non ocasionar case ningunha dubida. E certo que tivemos moita sorte de ir, o programa estivo xenial. Foi unha grande experiencia.

  8. isaac di:

    Karina, por suposto que para nos foi unha experiencia enormemente gratificante, tanto polo seu contido como polo feito de que para vos fose igualmente positiva. O de “sufridos” foi posto en tono irónico, pero non esquezades que para nos participar nestas actividades supón primeiro unha deixación das nosas responsabilidades familiares, renuncia ao noso tempo libre, asumir a responsabilidade da vosa custodia fora das horas de clase, e recordade que esta actividade pudemos facela grazas a que o proxecto elaborado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía tivo a suficiente calidade como para ser seleccionado.
    De todos os xeitos, con actividades como estas e alumnos como vos estamos dispostos a repetir tantas veces como sexa posible.

  9. maria.aso.1b di:

    A min pareceme que esta escursión foi bastante entretida ainda que polo que nos contou Victor na clase era un pouco dificil aguantar desperto nas reunións as primeiras horas da maña. Na miña opinión creo que foi unha escursión donde se aprenderon moitas cousas e que debense aproveitar para o futuro.

  10. victor di:

    Eu falaba a nivel puramente anecdótico. O que teño claro é que foi unha oportunadade única para os profesores que asistimos e sobre todo para o alumnado.

  11. sara.aso.1a di:

    Foi unha excursión espectacular pasinno xenial e aprendin moitas cousas, ademais as persoas que coñocemos alí e convivencia fixo que a semana pasara voando. A ver se podemos repetir para o ano, aínda que xa sei que é moi complicado e que non sería o mesmo pero bueno.

  12. victor di:

    Sara resumíu moi ben o que foi esta saída.