Ciencia e azar

Esta é unha noticia que lin nun xornal e chamoume a atención  porque, polo que sabía, o  VIH  non ten cura aínda que se poden tomar varios fármacos para contrarrestar o axente infeccioso pero xamais eliminalo. Este paciente norteamericano que vive en Berlín conseguíuno, pero non probando medicamentos novos, senón cun transplante de médula. Desenvolveu unha  Leucemia  cando xa tiña VIH, e por precaución os médicos dixéronlle que deixara de tomar os medicamentos contra o SIDA para a mellor adaptación da médula e que os voltara a tomar cando volveran a atopar axentes infecciosos no sangue, e aí o curioso deste caso; dente fai 600 días este paciente non desenvolveu na súa sangue ningún axente infeccioso do SIDA. Isto é debido a que cando lle fixeron o trasplante o médico elixíu a unha persoa donante que heredara  unha mutación xenética que o facía inmune a bastantes cepas do VIH. Dende ese momento este estadunidense é o paciente máis solicitado por todos os médicos. Se queres ler a noticia orixinal clica  aquí,  e tamén podedes ver o seguinte vídeo informativo  sobre este tema. 


Esta entrada foi publicada en Avances médicos e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

15 Responses to Ciencia e azar

  1. victor di:

    Parabéns Ivan. Fago eu o primeiro comentario para dicir que esta entrada aporta un elemento interesante ao blog: actualidade.
    Noticias frescas sobre a sida, ¿que tedes que aportar?

  2. josemaria.aso.1a di:

    Durante este tiempo ha habido muchos avances en el tratamiento del sida pero estos avances no se estan aplicando.Hay muchas carencias en cuanto a medicación y a métodos preventivos n los paises pobres.Menos de un tercio de las personas que padecen sida en los países de ingresos bajos y medios escasos tienen acceso a medicaciones que pueden salvarles la vida, y son aún menos personas las que tienen acceso a servicios de prevención de eficacia probada, como los preservativos o las jeringuillas estériles, afirmo un reputado cientíco en la materia.Hay otro dato desesperanzador.En estos momentos son casi 40 millones las personas que han sido infectadas por el VIH en el planeta, aunque en 2015 el número será de 60 millones si no se incrementa el esfuerzo en la prevención. Por todo esto yo cree que la comunidad internacional tenia que hacer un esfuerzo para luchar contra el sida

  3. noeliap.aso.1b di:

    Lendo os números de infectados que aporta Jose María coido que sería importante utilizar os medios dos que dispoñemos nas sociedades avanzadas nas que presumimos vivir. Pois a estas alturas é un pouco vergozoso a transmisión por contacto sexual por non utilizalos.
    O ano pasado asistín a unha charla sobre o contacto desta enfermidade. Vin un video de persoas de países subdesenvolvidos e a información que posuían era moi escasa e a disposición de medios aínda peor e non entendo como con todo o que nos informan e preveñen aínda haxa persoas que se neguen a utilizar un simple preservativo. Nun programa da televisión actual falaba un adolescente, dicía que mantiña relacións coas rapazas que se deixaban e eu pensei na posibilidade de que si ese rapaz contraía o sida a longo plazo millóns de persoas acabarían contaxiadas si non usasen o sentido común como no caso del.
    A solución do tranpalante está moi ben pero si non intentamos evitar a enfermidade coido que non haberá suficientes para todos.

  4. victor di:

    Noelia, pensa que hai que actuar a dous niveis:
    .-Informando e formando á xente,
    .-Curando ás persoas que teñan a enfermidade.
    Mirade que o avance que pode supor o tipo de curación que se conta neste artigo pode ser revolucionario;fálase de curación total por primeira vez.

  5. sergioa.aso.1a di:

    este descubrimento foi un gran avance para a loita contra o sida…Ainda que so unhas poucas cepas xenéticas sexan resistentes poderíanse facer moito máis accesibles para a xente pero para facelo entraría en debate un tema moi peliagudo que sería a da clonación desas cepas que non todo o mundo estaría de acordo pero eu creo que podria ser una boa solución

  6. juanluis.aso.1a di:

    Está claro que este descubrimento da moitas esperanzas ós que teñen SIDA.O que di Sergio de clonar esas cepas a min paréceme ben.Para unha vez que se avanza un pouco na loita contra esta enfermidade , deberíase experimentar en profundidade e facer o máximo posible para combatir este mal.

  7. victor di:

    Xa falaremos de clonación no seu momento; por agora haber se nos enteramos que e iso do transplante de médula e os rexeitamentos nos transplantes.

  8. lara.aso.1a di:

    O obxectivo dun transplante de médula ósea é obter as células nai que teñen a capacidade de implantarse na médula ósea do paciente e dar lugar a un sistema inmune sán.
    Algúns dos seus inconvenientes son que é un procesos costoso e que para evitar o rexeitamento cómpre facer un acondicionamento no que xeralmente úsase quimioterapia e radioterapida para destruír a médula ósea do paciente.

  9. maria.aso.1b di:

    na miña opinión creo que o de utilizalos métodos descubertos sería unha gran axuda tanto para as persoas co problema como os que non estamos infectados.
    Xa que si a ciencia avanza tan a presa porque non aplicala para protexernos dos males que hoxe en día nos estan a falar tan constantemente. Deberiamos facer algo para que estes novos avances da ciencia se puxeran en práctica

  10. victor di:

    A temática que trata esta entrada é moi complexa pois deberían ser coñecidos diferentes conceptos como son: céluas nai, sistema inmunolóxico, rexeitamento de órganos, radio e quimioterapia (¿por cal empezades?).

  11. gema.aso.1b di:

    A médula ósea é un texido adiposo suave que se encentra na parte interior dos osos,onde se producen e desarolan células sanguíneas (glóbulos vermellos, plaquetas e glóbulos blancos).

    Un transplante de médula ósea é un procedemento que remplaza este organo que foi destruida por problemas de orixen medular:ben por altas dosis de drogas,leucemias,enfermidades convénitas ou radiación anticancerosas,(este trasplante é o metodo mais avanzado para curar certos tipos de canceres)etc.Este transplante pode ser de tres tipos:
    Autólogo:Aa propia médula do individuo gardase antes do tratamiento.
    Aloxénico :A médula doase por outra persoa
    Sinxénico:A médula doase por un xemelgo idéntico.

    Non todos os pacientes son posibles donantes.Estipulase que as posibilidades de ser compatibles duas persoas son de 1/1.000 donantes isto é debido a que NON teñen a mesma composicion interna(ADN,tipo de sangue,texidos…e moitos máis problemas de compatibilidade e de riscos).

  12. victor di:

    Gema, estás segura de que á médula que se refiren os transplantes é a médula ósea?

  13. patricia.aso.1b di:

    Eu tiña entendido que o sida era unha enfermidade incurable, ainda que cos novos estudios que se estan realizando cada vez estamonos achegando máis a que esta enfermidade sea curable.

    Na miña opinión o que terían que estudiar agora era a médula transplantada, para saber que axentes inmunolóxicos ten, que poden ser beneficiosos para curar, e poder axudar a todolos infectados polo VIH.

    Por outra parte, para reducir os contaxios a xente teríase que concienciar é utilizar os métodos necesarios para non contaxiarse.

  14. vanesa.aso.1a di:

    Referido ao contaxio do VIH non ten que ver con que a xente non use os métodos adecuados por que,que ese sexa o causante da maioria de contaxios non é o único,por que tamén debes de ter en conta das xiringas e se sabes que unha persoa o ten non podes ter contacto sanguineo con ela.

    Eu penso que o misterio e o asunto mais interesante é o de como se crea o SIDA sin que haxa polo medio ningunha presencia do VIH.

    Se din moitas historias e non estaria mal falar delas nesta entrada.

  15. victor di:

    Vanesa, aquí non hai historias, só hai ciencia:”só hai SIDA se houbo contacto co VIH” (non debes aceptar outra cousa).
    Contacto coa sangue ou fluidos sexuais (para transmitirse).