Infernos con vida

Todo o mundo pensa que a vida só se da nunhas condicións óptimas de temperatura, humidade, luz en maior ou menor medida, osíxeno…vamos, xusto como vivimos nós. Sento ir en contra de todas estas crenzas, pero ultimamente estanse descubrindo seres vivos en lugares que ninguén imaxinaría que houbera vida. Cando digo isto moita xente pensa que estou falando de extraterrestres pero a realidade é que seres en condicións extremas habitan o noso planeta.

Un exemplo destes seres, son os que habitan nos abismos oceánicos onde  as condición de luz e de alimento son escasas, sen falar da gran presión que soportan a máis de 5 km de profundidade. Alí desenvolveron eficientes sistemas de depredación como engados luminosos que atraen ás presa. Os calamares xigantes viven a grandes profundidades aínda que de cando en vez suben á superficie para reproducirse.

imagen

imagen

imagen

  Tal vez pensarades que xa non hai quen viva peor, pero a vida sempre nos sorprende ata o punto de que esas condición infernais nas que viven os peixes son superadas polas de algúns microorganismos e crustáceos que habitan nas mesmísimas chemineas do fondo oceánico (última fotografía). Alí a profundidade ronda os 4 km, a temperatura os 400 ºC,  e a presión é terriblemente mortal para calquera ser vivo que non estea adaptado. Estes microorganismos parecidos a corais que viven a base da gran cantidade compostos  minerais que emiten estas chemineas e deses organismos viven tamén algúns crustáceos adaptados a ese hábitat. Estas condicións son parecidas ás de algúns planetas do Sistema solar nos que supostamente sería imposible a vida.

Despois de todo isto podemos chegar á conclusión de que pode haber vida primitiva en calquera sitio no que as moléculas orgánicas interveñan en reaccións químicas co medio no que viven independientemente de como sexa éste.

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Infernos con vida

  1. victor di:

    Parabéns Sergio polo teu artigo; agardo que os teus compañeiros se animen a publicar no noso blog.
    Fago o primeiro comentario deste post, que eu inclúo na categoría de “biodiversidade” porque vos quero plantexar un par de cuestións:
    1.- ¿Que entendedes por biodiversidade?
    2.- ¿Por que credes que é importante a biodiversiade?

  2. angel.aso.1a di:

    Pareceme un artigo moi interesante, xa de antes oíra falar destes raros animais que habitan no fondo do mar, mais nunca interesarame por buscar información sobre eles e no artigo de Sergio saen datos moi interesantes, como, que as presión que soportan serían mortais pos humanos…E contenstando as preguntas de Victor a biodiversidade é a palabra pola que se fai referencia a todos os seres vivos sobre a Terra. A biodiversidade abrangue a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida.
    E preciso conservar a biodiversidade porque esta nos proporciona recursos que poden chegar a esgotarse. Moitos materiais que necesitamos habitualmente, como a madeira, o papel, os alimentos, etc., obtéñense de organismos vivos. Respectar a diversidade de formas de vida e evitar as accións que poñan en perigo os seres vivos é necesario para preservar os recursos das futuras xeracións.
    As plantas e os animais salvaxes son fonte de admiración para moitas persoas, teñen un alto valor estético e son obxecto de lecer.Manter a biodiversidade permite coñecer mellor o funcionamento dos ecosistemas e o papel dos distintos seres vivos en cada un deles.

  3. antia.aso.1a di:

    O tema no que se iniciou Sergio é moi interesante, pero os alumnos de bioloxía estamos a estudiar a estructura xeral da Terra, en concreto xa nos explicaron a codia oceánica e o profesor Isaac xa nos mencionou a existencia deste seres, capaces de vivir en condicións tan extremas.

    En resposta as preguntas de Víctor, a biodiversidade é un termo que se refire a variedade de seres vivos e de ecosistemas existentes no planeta Terra; considero que a biodiversidade é importante porque cada ano estanse a extinguir entre dez mil e cincuenta mil especies de plantas e animais, cada unha destas especies está nunha cadea da que sempre obtemos algun tipo de beneficio para a nosa vida e como xa dixen se non coidamos o que temos o noso arredor este proceso de extinción sería máis pronunciado, e esgotaríanse tódolos nosos recursos. É importante conservar a biodiversidade porque ademáis así teremos un maior coñecemento dos ecosistemas e dos distintos animais existentes.

  4. noeliap.aso.1b di:

    Eu a diferencia de Ángel non tiña oído falar de todos estos animais e o ártigo de Sergio abre os ollos en certo modo a realidade das profudidades das augas.
    A miña definición de biodiversidade e máis resumida e para min máis facil de entender:
    A biodiversidade é a variedade de vida en todas as sus formas, niveis e combinacións.
    Penso que é importante porque moitos aspectos da nosa vida dependen dela como por exemplo manter o aire e a auga limpos ou para proporcionarnos roupa,alimentos,menciñas…e diferentes aspecos esencias para a vida humana.

  5. victor di:

    O tema que propón Sergio, como moitos de vos apuntades, é moi interesante. Interesante ademais en moi diferentes aspectos; xa vos propuxen a actividade sobre a Biodiversidade (podedes seguir aportando datos e ideas sobre ela) e agora propoño outra cuestión de moita actualidade:
    As chemineas hidrotermais están sendo estudiadas para coñecer a posible orixe da vida sobre a Terra;¿por que?(Buscade información sobre un satélite de Xúpiter chamado Europa e tratade de relacionalo con este tema).

  6. juanluis.aso.1a di:

    No satélite Europa,creese que existen chimeneas hidrotermais. A superficie deste satélite está formada por un xeo agrietado,pero segun os científicos,debaixo desta capa xeada poderia aber un océano de auga que podería ser apto para a vida.
    Na Terra estas chemineas crean un ambiente que mantén colonias de bacterias en vida,un fenómeno que poida que se estea repetindo neste satélite.

  7. victor di:

    Certo Juan Luís, ese podería ser a orixe da vida sobre a Terra

  8. pablo.aso.1b di:

    Tamén no lago subglacial Vostok, na antártida se esta a investigar sobre a posibilidade de existencia de vida, pois as condicións do lago son moi similares aos do satélite Europa.

    Para investigar tal existencia, un laboratorio especializado da NASA utilizara unha sonda para derretir o xeo, e introducir unha especie de robot que analizaria as aguas do lago.

    Tamén existian outras alternativas, pero esta non dana o medio ambiente.

  9. sergioa.aso.1a di:

    No caso de que tiveramos que abandoar o noso planeta iríamos a Marte porque é o máis próximo con condicións máis similares do sistema Solar…O seguinte sería Europa

  10. victor di:

    Pablo é moi interesante a túa aportación sobre as investigacións na Antártida. ¿Sabías que un dos maiores problemas desa investigación é a esterilización dos materiais de perforación para que non leven contaminación de bacterias da superficie que poderían levar a erros nas conclusións?

  11. victor di:

    Recorda Sergio que as viaxes espaciais non son doadas. Requiren cartos, tecnoloxía e tempo. Para viaxar a Marte hai que esperar a que pase cerca da órbita da Terra, tanto a ida como a volta. ¿Calculaches canto se tardaría en chegar a Europa?

  12. pablo.aso.1b di:

    Nesta semana científicos rusos diríxense cara o lago na insistente procura da perforación do xeo. Dende o 1998 estanse a producir diversas perforacións coas cales obteñen resultados falseados pola utilización de anticonxelante e os microbios existentes nas ferramentas de perforación.

    Fai uns anos desatouse unha polémica sobre as vantaxes e inconvintes de perforar o lago, pois supón a contaminación (inevitable) e alteración dun ecosistema, que estiman que ten 450000 anos.

    Na actualidade fáltanlle 80 metros para chegar ao lago, cousa que esperan conseguir a comezos de 2009.

    A auga do lago, atópase en movemento, co cal contén osixeno e outras condicións necesarias para a vida.

  13. victor di:

    A pesar do risco que supón a posible contaminación deste lago baixo a capa de xeo, vale a pena investigar sobre as formas de vida que poden resitir estas condicións extremas; condicións que poderían darse noutros planetas.
    ¿Alguén podería explicar porque non se conxela a auga deste lago?

  14. borja.aso.1a di:

    En canto o porqué de que a auga deste lago non se conxela, en internet aparecian algunhas hipóteses como que o calor interior da terra quenta as rochas baixo o lago, ou que a cuberta de xeo que é un mal conductor de calor poida estar actuando como unha manta aislante protexendoo das frias temperaturas da superficie.
    Outra posibilidade é que o lago non tivese tempo de desconxelarse tras un periodo templado que finalizou fai o redor de 5000 anos.Outra cuarta posibilidade e que permanezca liquida debido a presion da masa de xeo que a cubre pois o xeo fúndese coa presión

  15. victor di:

    Perfecto Borja, pero gustariame verte máis a miudo.
    ¿Por cal das opcións vos inclinades os demais?,¿por que?

  16. pablo.aso.1b di:

    Eu decantaríame pola última teoría. A presión que exercen 4km de capa de xeo e unha superficie estimada de 14.000 kilómetros cadrados ten que ser brutal. Recientes investigacións sitúan a curva de fusión do xeo en 350.000 – 450.000 atmosferas.

  17. victor di:

    ¿Sabedes o que é un glaciar e porque se move esa masa de xeo?

  18. gema.aso.1b di:

    Un glaciar é unha gran masa de xeo,que soe mostrar evidencia de movemento pola influencia da gravidade. Para que exista un glaciar é necesario,que haxa precipitacións en forma de neve que pode converterse en neviza e en xeo glaciar.Estes corpos están sempre en movemento descendente pola gravidade.

  19. victor di:

    E axudados por unha capa de auga de fusión (fúndese debido á presión do xeo sobre o fondo) que serve de lubricante entre a capa de xeo e o leito rochoso.

  20. sergioa.aso.1a di:

    non calculei canto tempo se tardaría pero teño oído que serían como 5 años de viaxe máis a gran cantidade de combustible necesario. E moitísimo, pero a tecnoloxía está investigando sobre buracos negros e de gusán para viaxar grandes distancias en pouco tempo. E con respecto a combustible estase tamén investigando en usar fotóns de luz para impulsar transbordadores dunha forma parecida á que fai o vento cun barco de vela

  21. juanluis.aso.1a di:

    O que dixo Sergio de usar fotóns de luz é algo moi interesante. Estiven buscando información sobre estas “velas” e as características que deben ter son as seguintes:
    1-Ter unha gran superficie ca que poder captar a maior cantidade de luz solar.
    2-Lixeireza.A vela será moi delgada no seu grosor, ter masa mínima, porque a maior masa,menor aceleración procedente da luz solar.
    3-Durable e resistente á temperatura. Ten que soportar cambios de temperatura,partículas cargadas e riscos de micro-meteoroides no espacio exterior.