Caos con piscina e campo de tenis

 

ciudad_compacta_copia_1.jpg

O concepto de “cidade difusa” define o modelo de ordenación do territorio que actualmente se está a desenvolver en Galicia. As vilas e cidades están a perder significado, sobre todo na franxa litoral, e van sendo substituidas polo que se coñece como aglomeracións poboacionais ou áreas metropolitanas. O territorio rural que se atopaba preto das cidades foi transformándose e orixinando zonas periurbanas con unhas densidades de poboación considerables, de xeito que o territorio galego hoxe está definido por sistemas complexos de cidades difusas que precisan unha urxente ordenación do territorio.

¿Cal é o impacto ambiental da “cidade difusa”?

  • Perda da paisaxe cultural
  • Promoción do coche privado
  • Ocupación indiscriminada dos espazos naturais
  • Estrago enerxético
  • Deficiente depuración de augas residuais
  • Aumento do custo da recollida de lixo

vilari__o_1.jpg

 Investiga e responde ás seguintes cuestións:

  1. ¿Que significado ten afirmar que o modelo urbanístico do Salnés é de “cidade difusa”?¿Que implicacións negativas terá este modelo para o futuro urbanístico de Galicia?

  2. ¿Que é un PXOM?¿Que pode aportar esta ferramenta urbanística ao desenvolvemento dunha vila?

  3. Busca información sobre a “carta de Aalborg”.

Esta entrada foi publicada en Ordenación do territorio e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Caos con piscina e campo de tenis

  1. josemaria.aso.1a di:

    3Es la carta de las ciudades europeas hacia la sostenibilidad,fue firmada en esta ciudad danesa por 80 autoridades locales europeas, tras la clausura de la Conferencia Europea sobre Ciudades y Poblaciones Sostenibles celebrada entre el 24 y el 27 de mayo de 1994. La Carta de Aalborg supuso el inicio de la Campaña Europea de Ciudades y Poblaciones Sostenibles.
    Los puntos de la carta son los siguientes:
    • El concepto y los principios de la sostenibilidad.
    • Las estrategias locales hacia la sostenibilidad
    • La sostenibilidad como un proceso local, Creativo y de búsqueda del equilibrio
    • Resolviendo los problemas mediante la negociación de abajo hacia arriba.
    • La economía urbana hacia la sostenibilidad
    • La equidad social para la sostenibilidad urbana
    • Usos del suelo con criterios sostenibles.
    • Patrones de movilidad urbana sostenible.
    • Responsabilidad hacia el clima global
    • Prevención de la contaminación de los ecosistemas.
    • El autogobierno local como una pre-condición
    • Los instrumentos y herramientas para la gestión urbana hacia la sostenibilidad

    Algunas ciudades gallegas como A Coruña y Santiago firmaron esta carta

  2. victor di:

    ¿Adheríuse Cambados á Carta de Aalborg?

  3. sara.aso.1a di:

    Según busquei eu Cambados aínda non entrou na Carta de Aalborg, pero seguirei buscando máis información para averiguar se ten pensado entrar proximamente.

  4. vanesa.aso.1a di:

    En realidade o Salnes ten aspecto de cidade difusa,as casas non están ordeadas nin por altura nin por tamaño e iso no está ben visto nas nosas rúas non é moi estético para as nosas vistas.
    Na miña opinión isto deberia pensarse antes de facer ningunha contrución e ter en conta o noso futuro sin estropear a nosa terra e que donde están os nosos campos e praias deixalas como están e non estropealas con casas de campo ou de praia sabendo que esas casas só van a estar habitadas nunhas determinadas épocas do ano ou nin eso.

  5. isaac di:

    En Galicia, e Cambados non é ningunha excepción, dase a curiosa circunstancia de que esiximos o dereito a construir a nosa casa onde queiramos, e inmediatamente esixir que se nos dote de servizos de abastecemento de auga ou acceso a rede de sumidoiros. Hai que ter en conta que o custo destes servizos por persoa increméntase moitisimo canto máis dispersa está a poboación, isto tradúcese en que a inversión por habitante é moito maior nas zonas rurais que en núcleos urbáns, aínda que habitualmente parece o contrario.

  6. Susana di:

    Parabéns polo voso traballo.
    Xa sabedes que a frecuencia de actualización é a base do éxito do blog de aula. Animade ós rapaces a publicar.
    Nos foros temos un debate sobre a forma de integralos na aula que precisa das vosas aportacións e experiencias.
    Alí os esperamos!
    Unha aperta

  7. carolina.aso.1b di:

    na miña opinion,o salnés ten aspecto de cidadde difusa,non hai mais que sair pola porta e mirar para cambados,unhas casas son dunha maneira e outras doutra,estan de algun modo desordeadas,unhas donde case non se poden ver e outras todas xuntas,o peor de todo isto e que despois queremos as comodidades,queremos que o transporte escolar pase preto das nosas casas,que a liña telefonica chegue o lado da casa e a poder ser no mesmo dia ou ben rapido,iso non pode ser deviase de edificar todo nun mesmo lugar sen estrtopear a imaxe das nosas cidades e pobos.con respecto a carta de Aalborg estiven mirando e en cambados non se aplicou pero segureime documentando para saber de certo si e verdade penso que seria importante que se aplicase,pouco a pouco cambados vaisendo un caos mais grande sobre todo os dias de festa que para cruzar cambados en coche tes que ir a santa mariña.sen mais despidome.

  8. victor di:

    Cambados no está adherido á Carta de Aalborg pero si a Mancomunidade do Salnés que é a representación dos concellos do Salnés, polo que a efectos reais si formamos parte. De feito hai pouco tempo que Cambados se adheríu ao manifesto das “cidades polo clima” que defende o espiritu do contido da carta de Aalborg.
    ¿Que propoñedes para solucionar o problema urbanístico que supón o crecemento de cidade difusa?

  9. nuria.aso.1a di:

    Na miña opinión Cambados segue un modelo de cidade difusa, porque como ven di Carolina no seu comentario, non hai máis que saír da casa para darse de conta. Pouco a pouco Cambados, foi medrando pero sen seguir unha orde, o que dificulta moitas veces que os servicios públicos cheguen a todos os sitios.
    O que sigo sin entender e porqué hoxe en día a xente segue pensando que o Plan Xeral de Ordenación Municipal non ten que meterse onde cada quen quere facer a súa casa e como quere facela,sen seguin unha orde. Esta xente non se está dando de conta de que co paso do tempo,se cada persoa quere facer a casa onde quere, e como quere, sen respectar os espazos naturais a imaxe do pobo, neste caso Cambados, cambiará.

  10. pablo.aso.1b di:

    A miña pregunta vai encamiñada cara o cumprimento dos PXOM por parte dos concellos, salta a vista que a ordenación municipal, de por exemplo Cambados, non é a correcta.

    En internet aparece o informe previo a aprobación do PXOM feita por parte do Concello de Cambados, e chámame a atención o apartado F, que di:

    Segundo datos dos I.N.E (2001) o concello de Cambados ten 13.385 habitantes (6.337 no núcleo urbano) e de 1730278 m2 de solo rural o que significaría 11535 vivendas de 150m2 construídos.

    Non se presenta ningún incremento demográfico nin necesidade de novas vivendas, e non se xustifica ningunha necesidade de novos solos urbanizables de residencia, xa que sería factible duplicar o numero actual de vivendas sen precisar de ocupación de solo actualmente sen urbanizar.

    Isto quere dicir que o Concello de Cambados solicitou clasificar máis terreo rural, en urbanizable sen ter unha necesidade real.

    E por todos sabido a cantidade de novos edificios en Cambados nos últimos anos, que fan cada vez máis as calles máis sombrías e algúns ( sen citar ningún en concreto ) danan claramente o espazo paixasístico de Cambados.

    Por iso a miña pregunta é se estes PXOM se cumpren, de aí que cada un faga o quere onde quere.

    http://www.cptopt.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS%20URBANISMO/Informe%20previo%20PXOM%20Cambados-Pontevedra.pdf

  11. yolanda.aso.1b di:

    Qué entendemos nos en realidade por cidade difusa??
    e verdade que o salnés e unha mancomunidade difusa porque estamos cheos de moitos feísmo,e as nosas vilas están moi dispersas, aora nos sitios rurais estan construíndo moitos edificios.As persoas non nos damos conta disto pero se nos oaramos a pensar o salnes xa e unha cidade difusa coma Madrid.
    A dónde vai o noso rural?
    Cómo podemos arranxar este problema?
    Víctor son Fátima desde o blog de Yolanda porque non me deixa entrar no meu blog.

  12. victor di:

    Fátima, precisamente Madrid é todo o contrario da cidade difusa, pois están moi ben delimitados os límites da cidade. Ademais o feismo pode darse en calquera tipo de cidade (difusa ou compacta). Trata de definir ben o tipo de urbanismo que se da no Salnés e terás unha definición axeitada para a de cidade difusa.