Venus: o inferno do efecto invernadoiro


Venus, polo seu tamaño, volume, densidade e composición, é o planeta máis parecido á Terra. Como o noso planeta, tamén posúe atmosfera, se ben a súa densidade e composición difire notablemente coa atmosfera terrestre, como comparación dicir que a presión atmosférica na superficie de Venus máis de 90 veces superior á da Terra, aproximadamente a mesma presión que soporta un submarino a 900 metros de profundidade. Por se isto fora pouco a súa temperatura en toda a súa superficie ronda os 470 ºC, tanto de día como de noite. Unha temperatura sensiblemente maior que a da superficie de Mercurio, aínda que este atópase máis próximo do Sol.

A explicación a esta elevada temperatura habería que procurala na composición da atmosfera de Venus, onde o CO2 constitúe o 96% desta densísima atmosfera (na terrestre apenas o 0,03%) polo que o efecto invernadoiro é moi intenso, a pesares de que a radiación solar atravesa con dificultade as mestas nubes de ácido sulfúrico que abundan nas capas máis altas.

Habitualmente contemplamos o efecto invernadoiro na Terra como un efecto negativo, cando en realidade a maior parte das formas de vida no noso planeta non sobrevirían sen el, pero a súa intensificación durante os últimos tempos debido a un incremento de CO2, está a causar un quecemento da atmosfera a nivel mundial, o que se traduce no coñecido e preocupante cambio climático. Evidentemente, estamos moi lonxe da situación venusiana, pero non só temos que atender os niveis de CO2, outros gases presentes na atmosfera terrestre teñen a súa parte de responsabilidade no efecto invernadoiro.

Trata de identificar a estes outros gases responsables do efecto invernadoiro e investiga por qué se lle concede máis protagonismo ao dióxido de carbono, e cáles son as principais fontes de emisión destes gases.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

8 Responses to Venus: o inferno do efecto invernadoiro

  1. angel.aso.1a di:

    Aparte do C02 haui outros gases responsables do efecto invernadoiro como:
    Vapor de auga (H2O)
    Dióxido de carbono (CO2)
    Metano (CH4)
    Óxidos de nitróxeno (NOx)
    Ozono (O3)
    Clorofluorocarburos (artificiais).
    A maioria destes gases son naturais, xa que xa existían na atmosfera antes da aparición do home, dende as distintas revolucións industriais e nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustíbeis fósiles, producíronse incrementos nas cantidades de óxidos de nitróxeno e dióxido de carbono emitidas á atmosfera. E coa deforestación e coa progresiva perda de arboles do planeta limitouse capacidade rexenerativa da atmosfera para eliminar o CO2. Todos os países deberían reducir considerablemente o consumo de CO2 que emiten á atmosfera, porque de seguir así dentro de moitos anos na Terra igual poderíase dar un caso semellante o do planeta Venus.

  2. victor di:

    O CO2 é o principal gas que produce efecto invernadoiro pola alta proporción na que se encontra na atmosfera. Hai outros gases, como o metano (CH4), que causarían máis efecto invernadoiro que o CO2 pero que se está a producir en moita menor proporción que este.
    Outra cousa que está clara é que o exceso de CO2 na atmosfera procede da actividade industrial e da queima de combustibles fósiles (carbón e petroleo).
    Todos os países deberían diminuir a cantidade de CO2 producido (buscade información sobre o protocolo de Kioto).

  3. juanluis.aso.1a di:

    O protocolo de Kioto é un acordo firmado por case todolos países que ten como obxetivo reducir as emisións dos seis gases principais que provocan o calentamento global.
    Entre todolos países que firmaron o tratado está E.E.U.U. pero este non o ratificou nunca,polo que só estivo adherido a el ata o 2001,ano no que o goberno de bush se retirou do protocolo.A razón pola cal non o ratificaron,foi que lles pareceu inxusto so involucrar ós países industrializados sen ter en conta a outros países en vías de desarroio como son China e India.
    A pesar de poñer este argumento como excusa,de todos é sabido que os motivos reais son económicos.

  4. victor di:

    Era imprescindible que USA se sumara a este protocolo xa que e o pais que máis CO2 produce (maior desenvolvemento industrial). A súa falta de compropmiso con este tratado consiguíu debalualo no seu conxunto. Aínda así foi un paso moi importante pois Kioto se convertíu nun recoñecemento mundial do cambio climático e do xeito de loitar contra él.

  5. romina.aso.1a di:

    O protocolo de kioto é un acordo internacional que ten por obxetivo reducir as emiisións de 6 gases provocadores do calentamento global: dióxido de carbono(CO2), gas metano(CH4) e óxido nitroso(N2O), ademáis de 3 gases industriais fluorados: Hidrofluorocarbonos (HFC), Perfluorocarbonos (PFC) e Hexafluoruro de azufre (SF6), nun porcentaxe aproximado dun 5%, dentro do período que vai dende o ano 2008 ó 2012, en comparación ás emisións do ano 1990. É preciso sinalar que isto non significa que cada país deba reducir as súas emisións de gases regulados nun 5%, sinon que este é un porcentaxe a nivel global e, polo contrario, cada país obligado por Kioto ten os seus propios porcentaxes de emisións que debe reducir.

  6. victor di:

    É importante o que apunta Romina, que se trata dunha reducción de CO2 a nivel global. Isto permite que os países que contaminan pouco poidan vender unha parte da cuota da súa capacidade de emisión de CO2 a países que contaminan máis.

  7. sergioa.aso.1a di:

    Venus está considerado o planeta máis mortífero do sistema solar a pesar de ser por decilo de algún modo a irmán xemela da Terra. Se enviásemos para alí unha lata de conservas nada máis entrar na atmósfera aplastaríase debido a gran prisión deste planeta e de seguido desfaríase coa gran cantidade de ácido que hay nas súas nubes e derreteríase de tanta temperatura (Venus é o planeta con máis temperatura do Sistema Solar debido o seu gran efecto invernadoiro).

  8. isaac di:

    Como xa comentou Ángel no seu primeiro comentario, o ozono (O3)é un dos gases de efecto invernadoiro. Aínda así está moi xeralizada a idea de que a destrución da capa de ozono incrementa o efecto invernadoiro, cando en realidade e ao contrario. Ademais o ozono pode formarse en capas baixas da atmosfera a consecuencia da polución do aire, resultando altamente tóxico pola súa elevada reactividade. Por iso e importante preservar o ozono como filtro da radiación U.V., de efectos moi perniciosos para os seres vivos, pero a uns trinta quilómetros da superficie da Terra, e ademais manter un equilibrio entre as proporcións dos distintos gases de efecto invernadoiro para manter o seu efecto beneficioso.