Sotavento

DSCI0371_1.JPG

Hoxe os alumnos de 1º de bacharelato-A , 2º ESO-A e 3º ESO-D fixemos unha saída extraescolar ao Parque eólico experimental de SOTAVENTO, situado na comarca de A serra da Loba entre os municipios de Xermade (Lugo) e de Monfero (A Coruña). Aínda que o parque estaba parado por avarías, puidemos entrar nos aeroxeradores onde o monitor, David, explicounos moi ben os movementos das pás, o funcionamento dos aeroxeradores e as medidas de precaución que teríamos que tomar se traballásemos alí. Dous dos aeroxeradores mesmo tiñan ascensor, cousa que me chamou a atención. Ó rematar a visita aos aeroxeradores  voltamos en autobús á nave central do complexo eólico onde estivéronnos ensinando dende funcionamentos das distintas placas solares ate útiles consellos de como aforrar enerxía e cartos na casa, como por exemplo: non deixar os electrodomésticos en  espera (“standby”), cambiar as bombillas estándar de 100W polas de baixo consumo de 20W (que aínda que sexan máis caras duran sete veces máis e a longo prazo saen rentables), non deixar conectado o cargador do móbil á corrente eléctrica cando non está cargando, etc.

Entre os novos avances tecnolóxicos que están intentando poñer en marcha neste parque, destaca o da creación dunha pila de combustible de hidróxeno e  osíxeno que  poida así almacenar hidróxeno do cal  obter  corrente eléctrica. Comentounos  Miguel ( o outro monitor) que en Xapón xa utilizaban este método para as baterías dos teléfonos móbiles e que non tardaría moito en chegar a Europa.

Para finalizar a visita fixéronnos un xogo que consistía en procurar respostas para as preguntas que che daban nunhas cartulinas. Por cada resposta contestada correctamente dábanche 0 puntos. O grupo gañador do Francisco Asorey foi “O grupo D” de 1º BACH. A nivel galego non conseguimos chegar ao “top five”; noutra ocasión será. O importante é que o pasamos ben e aprendemos novos conceptos e reforzamos os aprendidos anteriormente.  

Esta entrada foi publicada en Saídas didácticas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Sotavento

  1. sergioa.aso.1a di:

    non é por mal pero máis que unha excursión de bioloxía parece unha de tecnoloxía. Eso si tivo que estar fenomenal. Os aeroxeneradores son uns bichos terriblemente grandes e que no seu interior hai bastante ruido debido o alternador e ó sistema de engranaxes que ten. As aspas e o material que cubre o exterior e de fibra de vidrio.
    Esa “pila de combustible de hidróxeno” vai supoñer un gran avance para a producción eléctrica xa que permitirá almacenar este tipo de enexía separando pu xuntando os enlaces do hidróxeno co osíxeno na auga. O máis curioso diso e q unha vez que se quera usar esa enerxía almacenada sairá como corrente alterna e non continua asi que poderá ir polo cableado eléctrico e consuirse con normalidade. Isto permitirá que a produccion eléctrica nas centrais sexa mais descansada porque o sobreexceso de producción producido na noite sería almacenado para sofocar a gran demanda que hay en algúns momentos polo día.

  2. sergioa.aso.1a di:

    por certo gústame esta entrada que traballadora está feita está muller!!jjjj

  3. lara.aso.1a di:

    Grazas sergio. Neste parque eólico comentaron máis que nada que querían utilizar esta alternativa para conseguir enerxía cando non producían a cantidade que prometeran producir. Se non produces dita cantidade múltante; polo que, tendo gardado o hidróxeno pódenno converter en e. eléctrica e así chegar a cantidade. Na miña opinión esta nova tecnoloxía suporá un gran avance poidéndoo aplicar en distintas actividades. Aínda que falta un pouco para que chegue aquí.

  4. isaac di:

    En realidade, Lara, é ao contrario. Os parques eólicos teñen que comunicar con antelación a Rede Eléctrica Española (REE) a cantidade de enerxía que prevén producir en función das prediccións de vento, a fin de non saturar a rede de distribución. Non caso de que non cheguen a esa cantidade de enerxía producida en principio non pasa nada, o problema é cando producen máis enerxía da prevista, xa que a rede eléctrica ten que asumir unha enerxía adicional que non tiña programada. Neste último caso REE pode poñer sancións aos parques eólicos, que para evitalo chegan a parar a produción. O que se está a experimentar en SOTAVENTO é que cando se chega a cantidade prevista, pero pola intensidade e persistencia do vento poden seguir producindo, deixan de ceder enerxía a rede e utilízana para a produción de hidróxeno a partir de auga, e así queda almacenada para utilizala en outro momento
    Unha pregunta que pode xurdir e por qué a almacenan en forma de hidróxeno e non en baterías recargables, por exemplo.
    Pénsade niso e a ver se chegades a algunha conclusión.

  5. sara.aso.1a di:

    A excursión estivo moi ben, a verdade é que aprendín moitas cousas, sobre todo pequenos detalles que nun futuro axudáranme a aforrar uns cartos que con esta crisis xa se sabe…
    Os monitores tamén estiveron moi simpáticos con nós, sobre todo na proba que fixemos o final onde gañamos os de 1º de bacharelato A, algo que non se fai todos os días, aínda que como ben dixo Lara, no esntramos no dos mellores centros.
    Bueno agora queda esperar a excursión a Madrid…

  6. andrea.aso.1a di:

    Ben, como todos sabemos pola noticia do país “El auge de la energía eólica mueve el coche eléctrico en España” publicada o venres 7 de novemembro, un 37% dos molinos foron desconectados ó sobrar a producción, isto ocorreu no domingo cando un vento huracanado puxo en marcha miles de molinos en tan solo dúas horas polo que chegamos a conclusión de que a enerxía renovable esta a pornos novos desafíos xa que non podemos permitir que sobre esta producción o gobernó e a industria apostan por una solución. A solución da que falamos son vehículos para almacenar electricidade, coches eléctricos que, conectados pola noite a rede podan alamcenar exceso de electricidade producida pola enerxía eólica.

  7. carolina.aso.1b di:

    eu non fun este ano a sotavento,pero xa estiven fai cuestión duns anos e pareceume realmente unha visita estupenda,ainda que ese dia chovera,puidemos visitar os aeroxeradores por dentro e visitar o parque de forma rapida pero estivo ben.sorprenderonme o xigantes que son os aeroxeradores pois nunca estivera tan cerca de un e moito menos dentro.realmente a visita foi estupenda quitando o tempo.ai xente que opina que afean a imaxe do pais,pode pero a verdade podese contaminar moito menos con eles e hai outras cousas que afean mais a imaxe do pais e contaminan moito mais.a min non mo parece poden xerar enerxia para moitas cousas e facilitar moitas tarefas.

  8. victor di:

    Carolina, paréceme ben a túa intervención pero intenta escribir correctamente (ao comezar a escribir ou despois dun punto debes utilizar maiúsculas).

  9. noeliap.aso.1b di:

    Eu tamén fun fai uns anos a sotabento na misma vez que Carolina e como ben di ela a chuvia dificultounos moito visita pero algo pudemos ver e enterarnos de como é o proceso que realizan alí para xerar a enerxía dunha maneira que contamine o menos posible.O xogo final que polo visto sempre se fai alí é unha maneira de repasar pasandoo ben e pareceme moi interesante.

  10. nuria.aso.1a di:

    Eu quería responder á pregunta que formulou Isaac,sobre porqué almacenar a enerxía en forma de hidróxeno e non en baterías recargables. A idea é moi simple:Se se parte dunha enerxía renovable, neste caso o vento,o correcto,sería seguir con esta iniciativa, xa que no caso de almacenala en baterías,estas co paso do tempo habería que desfacerse delas e supoñen un alto nivel contaminante.

  11. sabela.aso.1a di:

    Na miña opinión utilizar coches électricos sería un gran avance, porque supondría unha disminución da contaminación e do consumo de petroleo.En realidade, isto non está tan lonxe(como decía a noticia do PAÍS “El auge de la energía mueve el coche eléctrico en España”).O malo, e que a enerxía eólica, por decilo de algunha maneira é “intermitente” pois non sempre hai vento, por eso é necesario o respaldo de outra enerxía(centrales de carbón).O bo, e que a parte de que é unha enerxía renovable podense poñer aeroxeneradores en lugares non aptos para outros fins(como zonas desérticas, etc).

  12. isaac di:

    Sabela, non se pode xeralizar dicindo que a enerxía eléctrica é unha enerxía limpa. É certo que un coche movido con enerxía eléctrica non emite gases de invernadoiro a atmosfera, pero para xerar esa electricidade que acumula nas súas baterias pode ser que se queimara carbón, gasóleo ou gas natural, proceder dunha central nuclear, ou produciuse nunha central hidroeléctrica que destruiu irremediablemente un ecosistema. Ademais as baterias teñen unha vida limitada e acaban xerando residúos altamente tóxicos. A solución ten que vir por unha racionalización do consumo da enerxía, o aumento da utilización de fontes de enerxías renovables e a mellora da súa eficiencia. Concretamente, os aeroxeradores de última xeración chegan a ser un 30% máis eficientes que os de hai tan só 5 anos. Por outra banda, en Sotavento pudemos comprobar como ao lado dos aeroxeradores convivían outras actividades, como a gandeiria, agricultura ou explotacións forestais compartindo case o mesmo espacio.
    Pode ser que a enerxía eólica, como a solar, sexa intermitente, pero a enerxía do petróleo ou a nuclear, ademais de outros inconvenientes, é finita, polo tanto só nos queda un camiño, as fontes de enerxía renovables.

  13. yolanda.aso.1b di:

    La energía eólica es la energía que se puede lograr del movimiento que produce el viento al interaccionar con las palas de un aerogenerador. Esta energía, que sigue en proceso de desarrollo, nace como respuesta a una mayor demanda del consumo energético, la necesidad de garantizar la continuidad del suministro en zonas importadoras netas de recursos energéticos y de la búsqueda de la sostenibilidad en el uso de los recursos.

    En general las mejores zonas de vientos se encuentran en la costa, debido a las corrientes térmicas entre el mar y la tierra; la grandes llanura continentales, por razones parecidas; y las zonas montañosas, donde se producen efectos de aceleración local.

    ¿porque no se utilizan las energias renovables?

  14. victor di:

    Estou dacordo con Yolanda nas súas explicacións, a quen ademais lle dou a benvida ao noso blog.
    Pero, ¿alguén me podería explicar, de xeito que todos o entendamos, que é iso das correntes térmicas entre o mar e a terra?, ¿e que significado ten o que di dos efectos da aceleración local? e por certo, ¿non se utilizan as enerxías renovables?

  15. melania.aso.1a di:

    Bueno, eu vou intentar contestar as preguntas que propuxo Víctor.
    Creo que estas correntes térmicas entre o mar e a terra son os movementos de masas de aire debido á diferenza de temperatura entre eles. É dicir, que o aire sofre un cambio de temperatura, que provoca que o aire máis quente ascenda e se faga un vacío que ocuparán as masas de aire máis frías.
    Supoño que a aceleración local que menciona Yolanda refírese a que o vento aumenta a súa intensidade ao chegar a esas zonas.
    Isto explica que as mellores zonas de vento se encontren na costa e nas zonas de montaña.
    Claro que se utilizan as enerxías renovables, pero en pequena cantidade. Porque no que sería a eólica non se podería depender só dos aeroxeneradores porque o vento non é continuo.

  16. victor di:

    Tes razón Melania ao dicir que os cambios térmicos son os causantes das correntes de aire entre o mar e a terra, pero non dis por que nin como se producen; ¿hai alguén que o saiba?

  17. gema.aso.1b di:

    Fun a sotavento unhas… 5 veces,está xenial,sobre todo os aeroxeneradores por dentro!

    respondendo á pregunta,creo(non estou segura)de que hai duas maneiras de que se produzan.A primeira: pola diferente presión que existe no mar e na terra,ó aumentar a presión incrementase tamén a velocidade da corrente.Las corrientes de aire se forman cuando el sol calienta masas de aire.A segunda dase cando o sol quenta unha masa de aire,esta ascende e deixa un espazo,que se enche con aire frio,e producese un proceso de rotación continua que deriva nas correntes de aire.
    Esa é a miña idea xeneral,non sei se é correcta de todo.

  18. victor di:

    Estas correntes, de día van nunha dirección e de noite na contraria (¿de que direccións se trata?)