Vou de compras


Cada día é maior a cantidade de lixo que se produce debido, entre outras cousas, a:
– o aumento da poboación;
– á grande variedade de obxectos que se producen;
– á forma de empaquetar e vender estes obxectos.

Existen outros factores que son determinantes na produciión de lixo. Explica a relación entre as seguintes parellas de variables:

  • Desenvolvemento económico-Produción de lixo

  • Produción de lixo-Contaminación

Un dos maiores problemas do lixo é o desfacerse del de xeito que cause o menor impacto no medioambiente. Busca información sobre o xeito que teñen de desfacerse do lixo os seguintes paises: Xapón, Suecia, Galicia e India.

Reflexiona sobre se o teu comportamento e o da túa familia contribúe a reducir o problema de produción de R.S.U. Colaborades coa recollida selectiva de lixo? Sabes o que é un “punto limpo“? Sabes se hai algún no teu concello e como funciona?

Esta entrada foi publicada en Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.