Non sei se comelo

Actualmente  cultívanse variedades modificadas xeneticamente de catro especies:  soia (60%), millo (24%), algodón (11%) e colza (5%). As propiedades introducidas son exclusivamente de carácter agronómico: tolerancia a un herbicida  (o xen introducido permite utilizar herbicidas de amplo espectro  sen que a planta transxénica se vexa afectada e as outras plantas morren); resistencia a insectos (as plantas transxénicas nas cales se introduce o xen Bt producen unha toxina insecticida).

Calquera nova tecnoloxía suscita esperanzas e medos: de todas se derivaron beneficios e custos. A manipulación xenética dota á especie humana dunha capacidade de intervención nos seres vivos sen precedentes pero, por unha parte, sábese pouco da “ecoloxía dos xenes” e, por outra, os seres vivos están complexamente interconectados entre si e co medio, de xeito que a liberación de organismos xenéticamente modificados pode derivar en perigos potenciais e consecuencias impredecibles. Polo tanto, de entrada, é imprescindible a precaución. Precaución significa avaliación de riscos, precísanse estudos independentes e rigorosos; e tamén significa análise e debate caso por caso: é a sociedade, finalmente, quen ten que decidir se procede ou non autorizar tal ou cal cultivo ou alimento en función das súas peculiaridades ambientais, sociais, económicas…

 1.   DEBATE: Organizádevos en grupos, buscade información referida a este tema, adoptade o rol de cada un dos grupos sociais implicados e afectados no mesmo (multinacionais, agricultores, consumidores, grupos ecoloxistas…), elaborade a vosa postura e preparadevos para defender os vosos supostos intereses.  Algunhas consideracións que podedes ter en conta: Libre elección do agricultor e do consumidor (á hora de optar polas diferentes prácticas agrarias e para comprar alimentos libres de transxénicos); ética (algunhas persoas pensan que a inxeniería xenética afecta os principios da relación entre a humanidade e a natureza); política (intereses económicos, consideracións ambientais e socias); reparto equitativo da riqueza (o custo das investigacións e as regras internacionais de protección da propiedade intelectual poden  privatizar o material xenético)…

 2.   AVERIGUA:  Cal é a postura da UE respecto a este tema. 

 3.   COMENTA: 

“Ao manter a Europa á  vangarda da investigación sobre biotecnoloxía, tamén contribuímos a obxectivos máis xerais como son á creación de postos de traballo, mellor cualificados e  ben pagados, potenciase o  crecemento económico e mellóranse os nosos termos de comercio.” Gunter Verheuer, Vicepresidente de la Comisión Europea (2005)

  

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.