Crocodilos no Polo Norte

De seguir a este ritmo o aumento de gases efecto invernadoiro, temos moitas probabilidades de que a temperatura do planeta suba 5ºC. Algo semellante ocorríu hai 30 millóns de anos e, daquela, os crocodilos habitaban as proximidades do Polo. Nesta situación, Galicia podería semellar un deserto. Os cambios do clima rediseñan o mundo e provocan bruscos movementos de poboación e iso implica conflictos e crisis (a economía caería entre o 5% e o 20%).

Como afirma o economista Nicholas Stern na súa recente entrevista no xornal “EL PAÍS”, se estabilizamos a concentración de CO2 a probabilidade de catástrofes baixa á metade. Investindo entre un1% e un 2% do PIB podemos cambiar o sistema económico na procura dunha economía baixa en carbono. Poderiamos pensar que de seguir esta liña, isto implicaría máis paro, prezos máis alto…, pero isto non é seguro pois tamén se desenvolverían moitas tecnoloxías na procura de maior eficiencia enerxética e de enerxías de baixo consumo de carbono. Os grandes cambios tecnolóxicos conlevan un crecemento asociado: a electricidade, os trenes, os coches, as tecnoloxías da información… . Sería un gran cambio, aínda que se farían as mesmas cousas pero de distinta forma, seguiriamos tomando taxis pero estes funcionarían por electricidade que podería estar producida por muiños de vento.

O cambio climático prodúcese por un erro do mercado porque a xente non paga os custos que xera usar hidrocarburos. A política debe poñer prezo aos gases de efecto invernadoiro, debe poñerlle un custo moito maior para que isto conleve o desenvolvemento das enerxías renovables.

imagen

Non é bo que o petróleo baixe demasiado de prezo pois iso implica un aumento no seu consumo; hai que manter o seu prezo ainda que sexa a base de subir os impostos e isto non é nada novo pois en Europa levamos anos facéndoo.

O obxectivo a nivel mundial debe ser reducir polo menos ata un 50% as emisións respecto a hai 18 anos. O mundo rico debe tomar o liderado e propoñerse unha redución ao 80% para así poder cumprir os obxectivos. Ademais debemos atallar a deforestación que supón un 20% das emisións, destinar fondos a I+D e manter a axuda para o desenvolvemento de paises pobres. De non tomar este camiño vai ser moi difícil cambiar o rumbo do cambio climático.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Crocodilos no Polo Norte

  1. sabela.aso.1a di:

    Creo que deberíamos cambiar e utilizar(por exemplo) coches eléctricos…xa que a desertización, se nos fixamos, xa está afectando pouco a pouco, o sur de España. Pero, todas as persoas que se venefician do petroleo, esto, non lles interesa, porque están sacando moitísimos beneficios do petroleo e non creo que lles importe moito a contaminación ou o cambio climático.

  2. victor di:

    Esas persoas que se benefician do petroleo son grandes compañías multinacionais dun gran poder económico; poder económico que controla a moitos gobernos. Son empresas que hoxe controlan o petroleo pero tamén a producción de enerxía por medio doutras fontes.
    Aínda así pódense facer moitas cousas para aminorar o cambio climático que o mundo está a padecer.

  3. emilio.aso.1a di:

    Eu opino como victor, a verdade e que a culpa e maioritariamente desas empresas, que o mais importante para elas e gañar cartos e o demais non lles ten importancia, sáltanse as leis, pagan unha multa moi pequena que comparando cos beneficios claramente elles mais rentable pagar esa cantidade de cartos.
    O cambio climático e algo que nos afecta a todos en maior ou menor medida, podemos intentar paralo con enerxias renovables, que empecemos a usar combustibles biocombustibles…
    Estes métodos son moi bos e podemos parar en gran cantidade o cambio climatico pero ata que lle metamos man a esas empresas isto vai ser moi longo e moi dificil de subsidiar.

  4. victor di:

    Benvido Emilio. Esas empresas que moitas veces criticamos porque son moi contaminantes, tamén son as que fan que vivamos moi ben en occidente.¿Estariamos dispostos a perder parte das nosas comodiades para que as empresas occidentais contaminen menos?

  5. ana.aso.1b di:

    Eu creo que sen dúbida a mellor solución sería optar pola enerxía eléctrica e renovable, pero tamén penso, que sería moi difícil que isto se levara a cabo, xa que, ó fin e o cabo, as enerxías non renovables que usamos agora son productos de grandes empresas as que non lles interesa cerrar ou cambiar a súa forma de traballar, xa que iso daríalles perdas moi elevadas, e non creo que estean dispostas a iso. Desgraciadamente o mundo enteiro móvese polos cartos, e estas empresas teñen moito poder e recursos para facer que todo siga como a eles lles convén.

  6. victor di:

    Ana, debes ter moi clara unha cousa: as empresas que controlan as fontes de enerxia de orixen fósil son as mesmas que controlan as demais fontes de enerxía. Deben ser os gobernos os que lexislen e invirtan para a futura utilización de fontes de nerxía non contaminante.
    Ana, ¿ti móveste polos cartos?

  7. ana.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo en que os gobernos son os que teñen que plantexar as solucións e implantalas, pero tamén penso que iso non basta, xa que non todolos grandes empresarios estarían dispostos a isto, e teñen poder suficiente para que isto non se faga ou, polo menos, se retrase todo o tempo que eles lles conveña, o fin e o cabo aínda que os cidadáns de fornma individual non nos movamos polos cartos vivimos no capitalismo.

  8. victor di:

    ¿E a nosa responsabilidade, como a valorades?

  9. ramon.aso.1b di:

    Sinceramente creo que hai poucas persoas que non se movan polos cartos na actualidade. Dun xeito ou outro acabase por buscar un beneficio propio sen importar como e canto máis se estamos a falar como di Ana das empresas neste caso productoras de enerxía.
    Agora ben estou totalmente de acordo con que os gobernos sexan quen ofrezan e expoñan solucións. Despois tamén opino que dependendo o que se leve a cabo moitas das empresas e dos grandes magnates non lle conven facer o que o goberno mande xa que a eles pouco lles importa que haxa ou non cocodrilos no polo norte mentres os beneficios sigan aumentando.

  10. victor di:

    Debemos tender a pensar que a xente non é mala en sí e que unha empresa créase para que dea beneficios económicos. Que ademais deses beneficos, tamén crean postos de traballo dos cales viven moitas familias. Que non todos os empresarios son malos e que algúns de vos chegaredes a ser empresarios no futuro; ¿isto transformaraos en seres sen escrúpulos?

  11. roi.aso.1b di:

    Igual teño unha forma de pensar demasiado xeralizadora neste tema pero e que para min nom hai por onde collelos. Porque aínda que sexas unha boa persoa para ser un empresario fai falla renunciar aos escrúpulos, nesta sociedade capitalista na que vivimos, todo o mundo, se lle poden quitar 1 euro máis, quitánllo, dando igual o que haxa que facer. Dacordo que crean postos de traballo, pero tamén por interese, está claro que lles fan falla, para algo lles pagan o menos que poden a todo o mundo, e eles a “chupar” canto poden. Para min son os principais responsábeis dun mundo tan desequilibrado, e son os que máis poden facer por melloralo, e nom o fan.

  12. victor di:

    ¿Se ti foras empresario actuarías como os describes a eles?, ¿poderían non existir os empresarios na nosa sociedade?, ¿cres que a xente é mala por natureza?

  13. melania.aso.1a di:

    Víctor vou responder eu as preguntas que lle propuxeches a roi.
    Se eu fora empresaria seguramente tería outro modo de pensar,semellante o de todos os empresarios xa que parte do meu capital estaría invertido nesa empresa.
    Pero sempre que se monta un negocio os beneficios non se recollen nos 2 primeiros meses, senón que fai falla máis tempo e que a empresa se desenvolva ben.
    Fan falla empresarios, porque son eles os que nos producen a materia prima e todo o material que nos necesitamos.
    Non é que a xente sexa mala de natureza, solo que o ter diferentes opinións as distintas as nosas podennos resultar crueis e caracterizalas de mala persoa.

  14. victor di:

    Gustariame de que forades capaces de entender o seguinte: ninguén e malo nin bo de todo. Se bos considerades boas persoas, non tendes porque plantexarvos que vos converteriades en malos se fórades empresarios. Hai empresarios bos e, ademais, é lícito que unha empresa dea rendementos económicos. Como en todo na vida hai que buscar un equilibrio, neste caso entre desenvolvemento económico e conservación do medio ambiente(desenvolvemento sustentable).

  15. ramon.aso.1b di:

    Creo que ninguén dixo que os empresarios foran malos, senón que estamos intentando dicir, ao menos Ana máis eu, é que como ben di Roi, uns dos principais causantes son os empresarios. E dende o meu punto de vista se algún día chego a ser empresario (oxalá non) por suposto que intentaría sacar o máximo partido e beneficio a todo o que teña que ver coa miña empresa, sen importarme como! dentro da elgalidade claro. E creo que coma min moitísima máis xente. Aparte moitos dos cambios que se poderían producir no mundo actual están nas súas mans… e por suposto non lles comvén.

  16. victor di:

    A persoa que é coherente e honrado na vida tamén será un empresario coherente e honrado. Os cartos non malogran á xente porque si. Somos unha especie que debemos a nosa evolución ao noso gran cerebro; fagamos bo uso del!

  17. roi.aso.1b di:

    Se eu fose empresario seguramente fose coma eles ao mellor… e claro que hai boas persoas e malas persoas pero que ninguén é bon de todo… estou dacordo… pero para min son un factor determinante na sociedade capitalista na que vivimos e de feito os grandes empresarios son as persoas con máis cartos do planeta cos cales, se se propuxeran, poderían acabar por exemplo: con que nenos sigan morrendo de fame.

  18. ramon.aso.1b di:

    Xa había tempo que deixaramos este tema en “standby”, non me dera conta da resposta de Roi. Estou totalmente de acordo con el. E volvemos a dicir o mesmo… quen ten cartos ten poder, quen ten poder ten medios, e quen ten medios ten solucións, polo tanto que actúen xa, porque aínda que sexamos millóns de persoas as que queremos que todo isto mellore son uns catro “ignorantes” os que poden facelo.

  19. ana.aso.1b di:

    Eu creo qe Roi ten moitísima razón neste tema. Todos debemos colaborar dentro do que poidamos, pero os que máis cartos teñen máis deberían facer. E por iso mesmo os grandes empresarios deberían axudar.

  20. victor di:

    Como vedes, o cambio climático é un tema recorrente e que se está a enfocar desde puntos de vista moi distintos. Volvemos ao inicio do noso Blog despois de haber tratado este tema con diferentes exemplos.