Búscase país de adopción

Os habitantes da pequena nación de Kiribati aceptaron a desaparición inexorable das súas paradisíacas illas baixo as augas do Pacífico a causa do cambio climático, e buscan un novo lugar no que vivir. Kiribati, un arquipélago composto por 33 atolones e unha illa volcánica, é o fogar dunhas 105.000 persoas que en menos de medio século, se se cumpren as previsións, será engulido polo océano. O presidente do país, Anote Tong, anunciou que Kiribati desaparecerá e iniciou unha xira internacional a fin de atopar unha nación de adopción para os seus concidadáns. Só o Goberno neozelandés respondeu á súa petición de asilo para os kiribatíes.

«Os países poderosos envían ás nacións pobres unha axuda financeira que non sería necesaria se recortasen as súas emisións de gases», reprocha o mandatario.

O dirixente kiribatí asegura que os pequenos arquipélagos do Pacífico Sur só producen o 0,6 por cento da contaminación do mundo e, con todo, son eles os que máis pagan os danos do cambio climático.

A visión apocalíptica do futuro de Kiribati non é nova, en 1989 un informe de Nacións Unidas apuntaba que sería un dos primeiros países en ser devorado polo océano. Dez anos despois a profecía comezou a facerse realidade cando dúas das súas illas deshabitadas, Tebua e Abanuea, que ironicamente significa «a praia que máis tempo permanece», desapareceron baixo as augas.

As estimacións do Programa de Medio Ambiente da rexión do Pacífico Sur apuntan a que no próximo século o nivel do mar subiría medio metro e a que o proceso non se freará nese punto, xa que o aumento observado na actualidade é froito do quecemento provocado fai varios lustros.

Aínda que rodeados por xigantes como China e Australia, os kiribatíes, os máis pobres de entre todos os seus veciños, enfróntanse case sos á súa desaparición como nación.


Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

9 Responses to Búscase país de adopción

  1. emilio.aso.1a di:

    Ola:
    Nestes casos de desaparicion de islas e donde presenciamos que o cambio climático (o que algunha xente “importante” ainda segue negando) e un feito e que non se pode negar xa que non creo que o nivel do mar subira por arte de maxia.
    Espero que os habitantes deste país encontren un lugar para poder vivir e que polo menos isto valga para algo e que se empece a aceptar este cambio que xa e unha realidade e trae as suas consecuencias defastadoras, non so para as illas se non para a toda humanidade.

  2. victor di:

    Inauguras espazo Emilio.
    Son habitantes dun país pobre e polo tanto non contan, son simplemente unha anécdota que sae un día nos xornais.
    Contaminamos os ricos e as pagan os pobres (algo teremos que facer para darlle solución a este problema; ¿que propoñedes?)

  3. noeliap.aso.1b di:

    Boas!

    Como ben se di arriba os países ricos mandan diñeiro os países pobres “sen darse conta” de que reducindo a súa industria darían en certo modo con parte da solución. Para haber países pobres sempre ten que haber outros ricos e ese afán por medrar como potencia sen importar o xeito de como se faga esta aumentado o problema do cambio climático. Hai moitas variables que inflúen neste problema e polo tanto múltiples as solucións que se poden propoñer.A min ocórrenseme a de aforrar enerxía,utilizar o transporte público e o ferrocarril,utilizar enerxías renobables,producir o mesmo pero usando novas tecnoloxías de baixo consumo etc.

  4. victor di:

    Noelia, o cambio climático é unha cuestión moi grave e que ameaza a vida de moitas persoas sobre a Terra.Por suposto que o maior perigo é para os paises pobres e a maior responsabilidade é para os máis ricos.
    Noelia ti vives nun dos paises ricos; ¿que podemos facer os cidadáns para tratar de deter o cambio climático?
    Todo o mundo ten dereito a querer vivir ben, a cuestión é volver a definir o que entendemos por vivir ben (ata o de agora a definición consiste en ter cantas máis cousas mellor. Reflexionade sobre esta cuestión.

  5. noeliap.aso.1b di:

    Pois contestando a Victor:

    A xente fala demasiado sobre como vai ebolucionar o cambio climático,de como nos afectará a curto e longo prazo pero moi pouca xente fai algo por remedialo. Consultando diferentes páxinas de internet atopei varias propostas para evitar que o cambio climático vaia a máis e tan rápdido. Unha que me chamou moito a atención foi a de aislar ben as casas pois iso reduciría notablemente o consumo de enerxía e cartos.
    Outras que tamén me parecen interesantes:
    -A de reducir a emisión de CO2 usando o transporte público ou automóbiles a biofuel e asi conservar a independencia que tanto se busca co coche mantendo o ambiente maís limpo.
    -Utilizar as enerxías renovables como a forza do aire que ben se explica na entrada de Sotavento ou a instalación de placas solares nos fogares.

    E inclúo tamén as anteriormente citadas no comentario anterior.

    Penso que para reducir o cambio climático e necesaria unha concenciación da sociedade na que vivimos,algo difíci de conseguir pois a casi ninguén parece importarlle e si non hai unha maioría o problema avanzará.

    ¿por que non o facemos?

  6. noeliap.aso.1b di:

    E esqueceuseme o concepto de “vivir ben”

    Vivir ben é satisfacer as necesidades básicas que temos os seres humanos.
    Hai necesidades secundarias como a de ter internet para poder comentar no blog que no mundo desenvolvido son imprenscindibles por causa das necesidades ilimitadas do ser humano e polo contrario no subdesenvolvido é casi impensable.
    O asombro dos nenos que veranean aqui ante un grifo de auga corrente chámalle máis a atención que toda a tecnoloxía. Pois ben deveríamos prestar unha axuda para saciar esas necesidades básicas das que non todo o mundo dispón e logo ocuparse das secundarias dos países máis ricos para min eso sería vivir ben.

  7. victor di:

    Cambiar os hábitos e a forma de pensar da sociedade non resulta doado Noelia, pero sempre podemos e debemos facer algo. Debo comezar por cambiar os meus hábitos persoais e os das persoas máis próximas, tamén podo colaborar coa xente que estea traballando nesa dirección (grupos ecoloxistas)e ademais teño a posibilidade de apoiar as opcións políticas máis respetuosas co medio ambiente. Sempre se poden facer cousas a nivel persoal que sexan boas para o planeta (“pensa global, actúa local”)

  8. victor di:

    A cuestión Noelia é cales son as nosas necesidades básicas, é dicir, ¿de que poderiamos prescindir?

  9. isaac di:

    Noelia, o cambio de actitude ten que comezar desde abaixo, desde os comportamentos individuais, pero se non existe unha vontade política que asuma que a economía non debe ser a primeira prioridade penso eu que pouco hai que facer. Se falamos de utlizar tecnoloxías ou fontes de enerxía máis respetuosas co medio todos estamos de acordo, ata os máis recalcitrantes defensores do libre mercado, pero primeiro haberá que desenvolvelas e investigar na mellora da súa eficacia. A utilización do transporte público pasa porque este servizo exista dunha forma efectiva (O Salnés é todo un exemplo de mal funcionamento). Por outra banda parece existir un consenso favorable en favor do uso dos biocombustibles, pero curiosamente, son grupos ecoloxistas os que se alzan en contra deles, a razón é que por unha parte as materias primas en man de especuladores fan que aumente o prezo das que son dirixidas a alimentación, por outra banda a súa producción provocou en algúns lugares a deforestación de amplas áreas para o seu cultivo, a substitución de cultivos tradicionais máis respetuosos co medio. Non sigo porque creo que sería moi interesante que investigárades sobre isto e fixérades un post no blog que propicie un debate sobre os pros e os contras do biodiesel e outros biocombustibles.