Boa sinal?

Comer, falar, observar…,moitas das accions que facemos a diaro teñen unha función obvia, non é o caso dos esbozo. Pode ser causado polo cansancio, a propia dixestión ou o aburrimento entre outros. Aparece prácticamente en todos os vertebrados, o que nos quere dicir que provén dunha orixe moi antiga, e xa na dos ancestros se producía. Se en todos os anos de evolucion da natureza  o esbozo non desapareceu, é sintoma claro de que é algo imprescindible para nos. Os fetos de 15 semanas xa esperimentan isto.

No esbozo, a mandíbula ténsase, a boca ábrese e inspira unha grande cantidade de aire, seguidamente dunha espiracion e acompañada dunha sensación de benestar. Para os científicos é un campo descoñecido.  O grego Hipócrates, foi o primeiro en investigar algo ó respeto, e a sua hipótese mantiña que esbozamos para espulsar o “mal aire” e para regar o cerebro, e a sua hipótese dicianos qe a fonte de todas as enfermidades era o aire, polo que consideraba que esta acción era un mal agoiro.


Autor: Roberto Otero

Publicado en General, Medicina | Etiquetado | 3 Comentarios

Ordenadores cuánticos?

Segundo a teoría, estabamos a polo menos un século de acadar o primeiro ordenador cuántico. Pero a empresa D-Wave puxo no mercado o primeiro ordenador cuántico comercial, e por iso son os pioneiros neste campo.

Este novo ordenador pode realizar problemas de optimización, polo que o fai útil só a un grupo selecto de persoas. Este ordenador só pode facer contas de optimización discretas, para o resto usa un sistema máis convencional. É unha intelixencia artificial capaz de loitar contra calquera outra intelixencia artificial. Fan posible a resolución de problemas que antes non tiñan solución. Os ordenadores convencionais dise que xa chegaron o seu máximo de eficacia polo que o ordenador cuántico crea unha gran expectación.

Un bit pode ser 0 ou 1, pero un bit cuántico pode ser 0, 1, ambos ou ningún ao mesmo tempo, e chámase qubit, ten un procesador de 128 qubits. Non ten aínda un prezo comercial no mercado pero suponse que será inicialmente moi custoso. Un ordenador cuántico de 30 qubits sería coma  un ordenador convencional de 10 teraflops. Aínda así, para dispor dun ordenador cuántico completo quedan  moitos anos antes de  facerse realidade.

Autor: Juan Carlos Sineiro

Publicado en Novas tecnoloxías | Etiquetado , | 6 Comentarios

A orixe do planeta dos simios

Will Rodman é un xoven científico que está investigando con monos para obter un tratamento contra o «alzheimer», unha enfermidade que afecta ao seu pai. Un deses primates, ao que chama César, experimenta unha evolución na súa  intelixencia tan notable que o protagonista decide levalo para a súa  casa para protexelo.

Ficha técnica.

Publicado en cine | Etiquetado | 37 Comentarios

Choiva de estrelas

Cando un cometa pasa polo exterior do Sistema Solar, a interacción co vento solar fai que a súa superficie se active. Os gases e materiais da superficie do cometa saen despedidos ao espazo, e pasan a orbitar ao Sol en órbitas moi semellantes ás do seu cometa de orixe. Así fórmase unha corrente de partículas, denominado enxame de meteoros.

En decembro pasado houbo a choiva de meteoros chamada  Gemínidas, a máis potente do ano, que acadou  a súa máxima actividade a mediados de mes e puido ollarse no ceo dende case calquer lugar da terra.

A maioría destas “choivas” proveñen dos cometas que deixan tras sí unha abundante cantidade de meteoritos que logo maniféstanse en forma de “estrelas fugaces”. Aínda así, nesta ocasión é distinta porque a orixe destas partículas espaciais non é un cometa, senón un estrano obxecto rochoso chamado 3200 Faetón, que espalla unha cantidade de escombros poeirentos, as chamadas Gemínidas.

A lúa dificultou este ano a súa visión, pero se o ceo estivera claro esperabase que poideran ser avistadas unhas 40 Gemínidas cada hora.


Autora: Laura González

Publicado en Investigación espacial, Universo | Etiquetado , , | 20 Comentarios

O descubrimento científico do 2011

Nas persoas infectadas con VIH e que reciben tratamento con medicamentos antiretrovirales, redúcese nun 96% a probabilidade de contaxiar o virus as súas parellas. Isto demostrouse nun  estudio clínico con pacientes, e é o avance científico máis importante de 2011, segundo a revista estadounidense Science.

No estudo denominado HPTN 052 arrancou en 2007 con 1.763 parellas heterosexuais de Brasil, India, Tailandia, Estados Unidos, Botswana, Kenia. Malawi, Suráfrica e Zimbabue. O experimento clínico, consistía en subministrar antirretrovirais á  metade das personas infectadas inmediatamente e retrasar a medicación para o resto ata que en elas houbera descendido o reconto de células CD4 do sistema inmune ata 250 por mililitro de sangue. Das 28 persoas que lle inxectaron o VIH, só unha delas tomou os antirretrovirais dende o comenzo da proba.

Xa se pensara  un tratamento  para o VIH antes que o estudo HPTN 052, dirixido por Myron Cohen, dado que se reduce a carga viral no organismo infectado. Pero había controversias ao respecto. “Agora temos datos absolutamente comprobados”, declarou Anthony Fauci, experto internacional en VIH e sida e director do Instituto Nacional de Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos.

Os especialistas afirmaron que poderíase eliminar a epidemia en bastantes países, a pesar de que en algúns, as persoas non poidan optar a medicamentos nin medidas de protección. “Un 52% da xente que necesita antirretrovirais non pode optar a eles, e iso significa 7,6 millóns de persoas no mundo”, sinalou Jon Cohen,experto da revista Science.


Autor: Amadeo Abal

Publicado en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina | Etiquetado , , , | 36 Comentarios

Pingüíns «gays»?

Unha parella de pingüíns machos do zoolóxico de Harbin, en China, é famosa por haber intentado varias veces roubar os ovos doutras parellas «heterosexuais»  dentro do parque. Pero por fin lograron o seu soño, xa que  un pingüín femia  do mesmo recinto tivo dúas crías e ante a dificultade de poder crialas, tendo en consideración que o normal é ter unha soa cría por parto, déuselles en adopción á parella de «homosexuais», que fai aproximadamente tres anos tiveron outros intentos frustrados de roubar ovos a outras parellas.

Segundo os expertos, dita adopción non suporía ningún tipo de problema dado  que os pingüíns macho teñen un instinto maternal moi desenvolvido e por elo, son eles os que soen incubar os ovos (en estado salvaxe) durante 25 días. Tamén cabe destacar a fidelidade de estes animais, que manteñen a mesma parella durante o resto das súas vidas o que é motivo de que os coidadores do zoolóxico os deixasen estar xuntos. A «homosexualidade» entre pingüíns é frecuente e este mesmo caso ocorreu hai aproximadamente dous anos nun zoolóxico de Alemaña.

Pero é necesario xustificar a naturalidade da homosexualidade como compartamento instintivo dos animais? Ou é que a sexualidade dos animais non é tan distinta como parece á das persoas?

Autora: Sandra Romero

Publicado en General | Etiquetado , , | 45 Comentarios

Nova alternativa

Investigadores da Universidade de Cádiz, desenvolveron un proceso para o aproveitamento do residuo da industria cerveceira, centrado na producción de biocombustibles, alimentos funcionais e cosméticos. Segundo explican os investigadores, as fábricas de cervexa xeran unha serie de residuos que , tratados convenientemente, poden ser utilizados para a obtención de  biocombustibles e productos de alto valor engadido. Estes últimos poden  utilizarse na industria agroalimentaria ou na elaboración de cosméticos.

Os residuos deste tipo de industria, conteñen lípidos, proteínas, carbohidratos e outros compostos interesantes. A única limitación ó seu uso como precedente dos biocombustibles, radica na rendibilidade económica do seu proceso de obtención e a calidade destes.

Con esto, conseguiríase sacar proveito a algo que non tiña ningún valor comercial e que ata a data se estaba utilizando principalmente como pienso para o gando vacún e ovino. Unha saída moi pouco rendible para estas industrias xa que o prezo de venda do bagazo é en moitas ocasións simbólico a condición de que lles retiren este residuo no menor tempo posible ou cubra o custo do transporte.

Autora: Noelia Fernández Vázquez

Publicado en Biocombustibles, Enerxías renovables, Residuos | Etiquetado , | 23 Comentarios

A sexta Gran Extinción?

Un equipo de investigación xeolóxica internacional asegura que a maior extinción masiva de especies data de fai 252,28 millóns de anos tras estudar fósiles e rochas atopadas en China. Estes estudos afirman que  a catastrofe foi resultado da liberación de gases de efecto invernadoiro durante procesos volcánicos, que aumentaron en gran medida a temperatura da Terra. Só sobreviviu o 10% das especies mariñas e o 30% das terrestres.

Actualmente o emprego global de combustibles fósiles está aumentando os niveis de CO2, que á súa vez aumenta a temperatura da Terra. Algúns expertos apoian a hipótese do fusil de clatratos, que defende que este aumento de temperatura liberaría cantidades de hidruro de metano semellantes ás producidas no Período Pérmico, aumentando aínda máis as temperaturas.

Ademais do efecto invernadoiro, a vida tamén se enfronta aos vertidos contaminantes, ao aumento do nivel do mar e á sobreexplotación de recursos por parte do ser humano.

A sexta gran extinción  está a comezar, pero vos que opinades? Chegará a acadar as dimensións catastróficas de fai 250 millóns de anos ou quedara nunha simple hipótese?

 

Autor : Iago Paz

Publicado en Bodiversidade, Cambio Climático | Etiquetado , | 49 Comentarios

Outra evidencia máis?

Despois de que o pasado 26 de novembro saíra en dirección a Marte a misión Curiosity, nos chegan interesantes noticias doutra misión xa asentada no planeta vermello. Esta misión é Opportunity, que aterrou en Marte  en xaneiro de 2004, foi creada para a súa exploración e investigación . Dende este día, Opportunity non para de mandarnos información sobre o terreo a través de fotos como a que mandou recentemente:

Esta foto móstranos sedimentos fluviais que nun pasado foron depositados en zonas erosionadas por grandes ríos dos que se sabe da súa anterior existencia por misións anteriores. Nos sedimentos pódense apreciar unhas manchas máis brillantes co resto, as cales poderían ser un mineral parecido ó xeso e, segundo especialistas, a presenza deste material nos di que a auga atravesou a rocha por fracturas subterráneas. Ademais destes descubrimentos a sonda detectou que na zona do “xeso marciano” hai pistas de que a zona estivo mollada durante miles de millóns de anos.

 Autor: Xosé Martínez Losada

Publicado en Investigación espacial, Universo | Etiquetado , , | 29 Comentarios

Que é o «teck neck»?

Atopámonos na era da información, as novas tecnoloxías trouxéronnos moitos beneficios pero tamén moitos trastornos. Un deles é o chamado  »teck neck», provocado polas horas que pasamos lendo, escribindo mensaxes, vendo vídeos, xogando ou chateando. Isto provoca rixidez no pescozo, dor de ombreiros e cefaleas, dadas as horas que pasamos coa cabeza baixa mirando a pantalla dos teléfonos móviles, lectores de vídeos electrónicos, tabletas, consolas portátiles… Segundo o diario británico The telegraph, o «teck neck» é o trastorno muscular «de moda» e estase a converter nunha auténtica epidemia nos Estados Unidos e en moitos países europeos. Nalgúns casos os músculos chegan a adaptarse tanto a esta postura que costa volvelos a poñer no sitio, e o pescozo perde a súa postura natural.


Autora: Isabel Couceiro

Publicado en Novas tecnoloxías, Saúde | Etiquetado , | 28 Comentarios